lunes, 25 de mayo de 2009

A Trattoría

Trátase do meu restaurante de cabeceira, dos que podes tirar cando non tes un gran presuposto e sempre saes satisfeito, nunca falla.

Amante como son da cociña italiana poucas veces atopo algún que realmente me conquiste, a Trattoría fíxoo hai xa cousa de seis ou sete anos. Logo, dende que estudo en Santiago, hai tres, convertémonos en inseparables, é rara a semana na que non nos achegamos a cear alí.

É un restaurante sinxelo decorado con fotografías de paisaxes italianas que te invitan a pensar que estás a cear nunha verdadeira trattoria italiana.

Ofrecen unha carta ampla cunha longa lista de pizzas, calzones, uns entrantes e logo diferentes elaboracións de pasta. Realmente todo está riquísimo, todo canto teño probado me encanta, pero se debo decir os meus favoritos son catro:

-Para comezar unha pascualina de xamón e queixo, un pequeno pastel de hoxaldre que enamora pola senxileza dos seus ingredientes, recién saído do forno é unha delicia.

-Piadina: outro entrante moi interesante capaz de evocar os máis puro sabores do mediterráneo. Trátase dunha masa finísima que recorda ás tortitas de maíz mejicanas rechea de berenxena, tomate natural, queixo e un chorriño de aceite de oliva. A berenxena apórtalle un intenso sabor e o tomate toda a frescura que ten este plato, perfceto para un día caluroso.

-As pizzas, impresionantes, sen embargo non son válidas para todos os gustos. Froito das súas orixes rioplatenses, este restaurante ofrece as pizzas con masa moi gorda e esponxosa, como se fora pan, tal e como se conciben as pizzas latinoamericanas. Para min inmellorables, non se pode comparar o sabor desa masa coas tan apreciadas masas finiñas e cruxientes. No tocante a ingredientes hai variedade, pero eu acostumo decantarme por dúas, a de bonito, que só se acompaña de pementos e a Fugazzetta cuio único ingredente (a parte da mozzarella e o tomate, claro está) é a cebola.

-Nas pastas destaco a lasaña boloñesa, cunha carne picada moi fina, unha salsa de tomate riquísima e unha bechamel sublime fai dela a mellor lasaña que probei nunca (nin siquiera a superaron en Roma)

Os postres son tamén escepcionais, e se realmente queres sair satisfeito debes decantarte polo tiramisú ou a mousse de chocolate, ambas dunha textura difícil de superar.

Para os que non o coñezan A Trattoría atópase na rúa República Arxentina, número 8 (moi preto do Parlamento Galego) en Santiago de Compostela.

5 comentarios:

  1. Benvida, Luca! Moita sorte co devalar do teu blog. Aquí estamos para o que faga falta!

    ResponderEliminar
  2. Luca, una alegría tenerte entre los amantes de la buena mesa.
    Bienvenida.

    ResponderEliminar
  3. Que fresco se sinte por esta parte do mundo. Aires novos. Saúdos doutro lucense.

    ResponderEliminar
  4. Engádome ás benvidas desde A Coruña, Luca!

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas pola acollida, dende logo teño moito que aprender de todos vós, prometo ir mellorando.

    ResponderEliminar