martes, 26 de mayo de 2009

O tamboril

Fará cousa dun ano que coñecín esta arrocería en Santiago de Compostela. Unha noite das que acostumamos achegarnos á Trattoría, (como xa comentei anteriormente facémolo moi a miúdo) decidimos entrar no restaurante de enfrente sen saber moi ben o que nos agardaba.

A primeira impresión empre conta e neste caso foi magnífica, o trato cercano e amable do camareiro e a decoración íntima e acolledora do local facían prever que non nos equivocáramos deixando a pizza para outra ocasión.

De primeiro decantámonos por uns chipiróns ó esparabel, unha das especialidades da casa e plato do que se sinten moi orgullosos, e teñen razóns para iso, a nós namorounos. A sinxeleza dos chipiróns feitos á prancha e aliñados como se fora un pulpo á feira realmente convence.
De segundo un arroz, un contundente rissotto de langostinos servido no seu punto óptimo de coción, a cremosidade característica dos rissottos imposible tela mellor conseguida.
Unha vez rematas a cazola que che presentan chea de arroz é difícil ter sitio para algo máis, pero os que coma min sodes uns apaixoados do dóce sabedes que ó postre fáiselle sitio, asique para rematar nada mellor que unha crema de iogur, creo recordar que acompañada de noces, pero non é seguro.

Dúas persoas, coa auga, saen por 50-60 euros aproximadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario