miércoles, 27 de mayo de 2009

A viña de xabi

A primeira vez que me acheguei a este restaurante fíxeno animada pola recomendación dun dos seus postres máis famosos, a sopiña de chocolate.

Fará un ano e medio, tal vez dous, o caso é que daquela A viña aínda estaba no local antigo, en San Pedro de Mezonzo, nun sitio que Manuel Gago describiu perfectamente como o "caos divertido".

Na miña primeira visita non me defrudou, ó contrario, todo estivo correcto e un dos entrantes, chamado langostinos tolos (ou algo así) que resultaron ser uns langostinos envoltos en pasta kadaifi e que teño incorporado dende aquel momento ó meu recetario para ocasións especiais, encantoume.

Pouco máis que o devandito postre recordo daquela noite, pero se dun restaurante saes con gana de repetir é que mereceu a pena. No meu caso animoume a repetir, e en Novembro do ano pasado volvín a cear na Viña, agora si no local de Fernando III, moito máis espazoso e cómodo que o anterior.

Se eres capar de ler toda a carta que neste restuarante-viñoteca che ofrecen, xa fixeche moito xa que é incrible a cantidade de apetecibles opcións que se presentan. Dende unha morea de tostas, revoltos, racións tradicionais, racións novas... para acabar cunha serie de carnes, peixes e platos nos que o óvo é o protagonista. Escoller é todo un reto.
Esta vez decanteime por comezar por unhas tostas de Torta do Casar con mazá e de escalibada con bacallau, ambas realmente apetitosas.
De segundo escollín un dos platos de mercado, unhas xoubas acompañadas de ensalada e un puré de patacas. Sei que me gustou pero tamén que mirei con enveza os platos dos meus acompañantes e tras probalos pensei que eles acertaran mellor nesta ocasión.
Catro persoas, cunhas tostas de primeiro, un plato para cada un (peixe/carne), dous postres, tres cafés e unha botella de Rioxa salimos a algo menos de 85 euros, un precio difícil de mellorar.

Royca

O certo é que por moi "gourmets" que sexamos algunhas veces non hai pracer meirande que un bocadillo ben feito, e para min a cafetería Royca en Rosalía de Castro, Santiago, alcanza a excelencia.

Só poido falar dun dos seus bocadillos xa que se me decidín a probar foi porque vin que case todos os clientes pedían o mesmo, un bocadillo de xamón asado con queixo e tomate, sinxelamente está delicioso.

O pan lixeiramente pasado pola prancha ben quente e cruxiente, no seu interior o xamón asado moi xugoso e cortado ben fino, os tomates do máis caseiro que te podas atopar, con intenso sabor a tomate, mestúrase coa cremosidade do queixo fundido... finalmente, a mistura destes catro sinxelos ingredentes é inmellorable.

Dúas augas e dous bocadillos non chegan ós oito euros. ¡Non é de estranar que este local esté sempre a tope!

martes, 26 de mayo de 2009

O tamboril

Fará cousa dun ano que coñecín esta arrocería en Santiago de Compostela. Unha noite das que acostumamos achegarnos á Trattoría, (como xa comentei anteriormente facémolo moi a miúdo) decidimos entrar no restaurante de enfrente sen saber moi ben o que nos agardaba.

A primeira impresión empre conta e neste caso foi magnífica, o trato cercano e amable do camareiro e a decoración íntima e acolledora do local facían prever que non nos equivocáramos deixando a pizza para outra ocasión.

De primeiro decantámonos por uns chipiróns ó esparabel, unha das especialidades da casa e plato do que se sinten moi orgullosos, e teñen razóns para iso, a nós namorounos. A sinxeleza dos chipiróns feitos á prancha e aliñados como se fora un pulpo á feira realmente convence.
De segundo un arroz, un contundente rissotto de langostinos servido no seu punto óptimo de coción, a cremosidade característica dos rissottos imposible tela mellor conseguida.
Unha vez rematas a cazola que che presentan chea de arroz é difícil ter sitio para algo máis, pero os que coma min sodes uns apaixoados do dóce sabedes que ó postre fáiselle sitio, asique para rematar nada mellor que unha crema de iogur, creo recordar que acompañada de noces, pero non é seguro.

Dúas persoas, coa auga, saen por 50-60 euros aproximadamente.

lunes, 25 de mayo de 2009

A Trattoría

Trátase do meu restaurante de cabeceira, dos que podes tirar cando non tes un gran presuposto e sempre saes satisfeito, nunca falla.

Amante como son da cociña italiana poucas veces atopo algún que realmente me conquiste, a Trattoría fíxoo hai xa cousa de seis ou sete anos. Logo, dende que estudo en Santiago, hai tres, convertémonos en inseparables, é rara a semana na que non nos achegamos a cear alí.

É un restaurante sinxelo decorado con fotografías de paisaxes italianas que te invitan a pensar que estás a cear nunha verdadeira trattoria italiana.

Ofrecen unha carta ampla cunha longa lista de pizzas, calzones, uns entrantes e logo diferentes elaboracións de pasta. Realmente todo está riquísimo, todo canto teño probado me encanta, pero se debo decir os meus favoritos son catro:

-Para comezar unha pascualina de xamón e queixo, un pequeno pastel de hoxaldre que enamora pola senxileza dos seus ingredientes, recién saído do forno é unha delicia.

-Piadina: outro entrante moi interesante capaz de evocar os máis puro sabores do mediterráneo. Trátase dunha masa finísima que recorda ás tortitas de maíz mejicanas rechea de berenxena, tomate natural, queixo e un chorriño de aceite de oliva. A berenxena apórtalle un intenso sabor e o tomate toda a frescura que ten este plato, perfceto para un día caluroso.

-As pizzas, impresionantes, sen embargo non son válidas para todos os gustos. Froito das súas orixes rioplatenses, este restaurante ofrece as pizzas con masa moi gorda e esponxosa, como se fora pan, tal e como se conciben as pizzas latinoamericanas. Para min inmellorables, non se pode comparar o sabor desa masa coas tan apreciadas masas finiñas e cruxientes. No tocante a ingredientes hai variedade, pero eu acostumo decantarme por dúas, a de bonito, que só se acompaña de pementos e a Fugazzetta cuio único ingredente (a parte da mozzarella e o tomate, claro está) é a cebola.

-Nas pastas destaco a lasaña boloñesa, cunha carne picada moi fina, unha salsa de tomate riquísima e unha bechamel sublime fai dela a mellor lasaña que probei nunca (nin siquiera a superaron en Roma)

Os postres son tamén escepcionais, e se realmente queres sair satisfeito debes decantarte polo tiramisú ou a mousse de chocolate, ambas dunha textura difícil de superar.

Para os que non o coñezan A Trattoría atópase na rúa República Arxentina, número 8 (moi preto do Parlamento Galego) en Santiago de Compostela.

O Mercadito

Dende que coñecín a existencia do Grupo Nove (non fai tanto tempo) decidín que esa lista formaría parte do meu grupo de pendentes. Asique tirando desta escusa encamiñámonos a probar o restaurante de Gonzalo Rey.

Xa tiñamos pensado pedir o menú degustación asique apenas demos unha rápida ollada á carta.
O menú degustación que ofrecen no Mercadito está composto por seis pratos e dous postres polo que aínda que de menú degustación se trate, e polo tanto as racións son pequenas, hai que levar fame.

A primeira sorpresa foi un tomate confitado recheo de brandada de bacalao na que como o mesmo camareiro nos explicou Gonzalo sustitúe a nata por aceite de oliva conseguido así unha crema moito máis suave, a combinación do tomate e o sabor do bacalao era realmente deliciosa, personalmente foi o plato que máis me gustou e sorprendeu.

Nos seguintes platos resúltame imposible recordar a orde exacta.

Un taco de pulpo á grella con espuma de pataca, simple, ben cociñado, rico.

Sorprendente tamén me pareceu o ovo cruxiente con espuma de pataca (non lembro se esta era a denominación exacta). O cruxiente tratábase dunhas migas de pan fritidas qeu mesturadas coa xema do ovo tiñan un sabor realmente soberbio, sen embargo, agradecería que a clara houbera estado un pouquiño máis feita.

O xurelo tibio con hummus e xamón estaba realmente bo, o peixe no seu punto de coción encaixaba perfectamente coa cremosidade do hummus e a textura cruxiente das verduras en tempura que o acompañaban.

No tocante ós platos principais foron dous, unha pescada de celeiro que tratándose dun taco dunha calidade escepcional, a merluza desfacíase en vetas moi finas, pareceume sosa. Para finalizar segredo de ibérico, unha carne tenrísima que se desfacía lentamente na boca mesturando o seu sabor coa salsa de viño que o acompañaba. Realmente bo.

Xa chegaba o momento dos postres e foi un final inmellorable, unha espuma de arroz con leite cun sabor intensísimo. Gran idea facer unha espuma deste postre xa que así conséguese o sabor humilde pero sempre estupendo do arroz con leite escapando do pesado que pode resultar, era unha espuma tan tan lixeira...

E por último un postre que ultimamente nunca falta nos bos restaurantes, un coulant exquisito.

Encantounos, repetiremos.

E para comer, Lugo?

Como lucense que son, sempre quixen poder suscribir este famoso eslogan, sen embargo, de ser sincera teño dúbidas de que verdadeiramente sexa a boa mesa o mellor activo co que conta a nosa cidade. Non quero dicir que Lugo non teña unha importante oferta gastronómica, o certo é que si que a ten, sin embargo esta oferta (sen ningún ánimo de menospreciala) parece que quedou encallada fai unha década. En Lugo nótase en falta a innovación que noutros fogóns galegos se están a introducir.

Sen embargo unha pequena gran raiola parece introducirse na tradicional e nalgúns casos aburrida cociña lucense, trátase do traballo que Héctor López está impulsando desde o restaurante familiar España, situado na rúa do Teatro.

Hai tres meses da miña primeira visita e o sábado xa se produciu a segunda, simplemente encántame.

Na primeira ocasión que me acheguei a cear ó España decanteime polo menú degustación, unha morea de pratos finalizados con dous postres estupendos.

Facendo memoria recordo que a gratificante experiencia neste restuarante comezou cun chupito de caldo acompañado de empanada de zamburiñas. Este comezo era toda unha declaración de intencións cociña creativa sen renunciar ós platos galegos máis tradicionais, materia prima de calidade e unha elaboración impecable. A presentación, en lousas, moi en consonancia coa tendencia na nova restauración galega ten en Lugo unha importancia especial.

Non sería capaz de asegurar en que orde foron os seguintes pratos pero si de recordar cales foron os que nos ofreceron esa noite: unha vieira á grella acompañada de espuma de pataca e cebola caramelizada, fantástica. ¡E que dicir dunha fina espuma de coliflor! Pero sen dúbida o momento álxido dos entrantes foi unha terrina de foie con queixo do cebreiro e mazá, a mestura do sabor doce do foie mesturado coa acidez do queixo e a mazá foi sorprendente e non só sorprendeu, convenceu.

Nos platos principais un peixe e unha carne, imposible recordar cales eran, sei que estaban bos pero o nivel dos entrantes era xa moi alto.

Temía o momento no que chegaran os postres, normalmente despois dunha comida estupenda o momento dóce pode decpcionarme xa que son moi esixente no que a larpeiradas se refire, pero Héctor e o seu equipo non fallaron, todo o contrario, dous postres sublimes: un souflé de chocolate (demasiado grande para o momento no que estábamos) e unha crema xeada de queixo con granizado de mazá e xelatina de mel, riquísimo, suave, cremoso... Perfecto.
Sinceramene por 40 euros/persoa non se pode pedir máis.

Na miña segunda visita cheguei atraída polas xornadas do arroz que publicitaban na entrada.

Que non podíamos prescindir da terrina de foie, queixo e mazá estaba clarísimo. A maiores pedimos unha croquetas de cecina e Torta do Casar, moi cremosas e suaves. Un entrante houbera sido suficiente pero a gula puido máis que a razón.

De plato principal decantámonos por un arroz caldoso con rape, ameixas e langostinos cun intenso sabor a mar, estaba estupendo.

Para o postre pedimos a xa catada crema xeada de queixo e unha crema de arroz con leite, xeado de canela e froitos vermellos, aínda que estaba rico non conseguiu igualar o anterior.

Non dubidedes que volverei moi pronto, e terei fotos.

Despois de tanto ler...

Despois de tanto ler decídome a escribir, decídome a crear o meu propio blog adicado a unha das miñas grandes paixóns, a boa mesa.

Fai cousa dun ano que me adentrei decididamente neste mundo maravilloso da gastronomía, non só como cliente habitual de restaurantes, iso xa o fixen dende nena; senón como unha decidida observadora e aprendiz dos mestres dos fogóns.

De ter lido a numerosos blogastrónomos nace a idea de aportar o meu pequeno graiño de area neste mundo que se está a consolidar no noso país, sen máis comezo con este proxecto.