lunes, 25 de mayo de 2009

O Mercadito

Dende que coñecín a existencia do Grupo Nove (non fai tanto tempo) decidín que esa lista formaría parte do meu grupo de pendentes. Asique tirando desta escusa encamiñámonos a probar o restaurante de Gonzalo Rey.

Xa tiñamos pensado pedir o menú degustación asique apenas demos unha rápida ollada á carta.
O menú degustación que ofrecen no Mercadito está composto por seis pratos e dous postres polo que aínda que de menú degustación se trate, e polo tanto as racións son pequenas, hai que levar fame.

A primeira sorpresa foi un tomate confitado recheo de brandada de bacalao na que como o mesmo camareiro nos explicou Gonzalo sustitúe a nata por aceite de oliva conseguido así unha crema moito máis suave, a combinación do tomate e o sabor do bacalao era realmente deliciosa, personalmente foi o plato que máis me gustou e sorprendeu.

Nos seguintes platos resúltame imposible recordar a orde exacta.

Un taco de pulpo á grella con espuma de pataca, simple, ben cociñado, rico.

Sorprendente tamén me pareceu o ovo cruxiente con espuma de pataca (non lembro se esta era a denominación exacta). O cruxiente tratábase dunhas migas de pan fritidas qeu mesturadas coa xema do ovo tiñan un sabor realmente soberbio, sen embargo, agradecería que a clara houbera estado un pouquiño máis feita.

O xurelo tibio con hummus e xamón estaba realmente bo, o peixe no seu punto de coción encaixaba perfectamente coa cremosidade do hummus e a textura cruxiente das verduras en tempura que o acompañaban.

No tocante ós platos principais foron dous, unha pescada de celeiro que tratándose dun taco dunha calidade escepcional, a merluza desfacíase en vetas moi finas, pareceume sosa. Para finalizar segredo de ibérico, unha carne tenrísima que se desfacía lentamente na boca mesturando o seu sabor coa salsa de viño que o acompañaba. Realmente bo.

Xa chegaba o momento dos postres e foi un final inmellorable, unha espuma de arroz con leite cun sabor intensísimo. Gran idea facer unha espuma deste postre xa que así conséguese o sabor humilde pero sempre estupendo do arroz con leite escapando do pesado que pode resultar, era unha espuma tan tan lixeira...

E por último un postre que ultimamente nunca falta nos bos restaurantes, un coulant exquisito.

Encantounos, repetiremos.

1 comentario:

  1. É sen dúbida un dos meus restaurantes favoritos. O servicio é impecable e tanto o local como a sua cociña posuen un "non sei que" que atrae; animando a probar todo canto sae das virtuosas mans do seu chef.

    ResponderEliminar