miércoles, 27 de mayo de 2009

A viña de xabi

A primeira vez que me acheguei a este restaurante fíxeno animada pola recomendación dun dos seus postres máis famosos, a sopiña de chocolate.

Fará un ano e medio, tal vez dous, o caso é que daquela A viña aínda estaba no local antigo, en San Pedro de Mezonzo, nun sitio que Manuel Gago describiu perfectamente como o "caos divertido".

Na miña primeira visita non me defrudou, ó contrario, todo estivo correcto e un dos entrantes, chamado langostinos tolos (ou algo así) que resultaron ser uns langostinos envoltos en pasta kadaifi e que teño incorporado dende aquel momento ó meu recetario para ocasións especiais, encantoume.

Pouco máis que o devandito postre recordo daquela noite, pero se dun restaurante saes con gana de repetir é que mereceu a pena. No meu caso animoume a repetir, e en Novembro do ano pasado volvín a cear na Viña, agora si no local de Fernando III, moito máis espazoso e cómodo que o anterior.

Se eres capar de ler toda a carta que neste restuarante-viñoteca che ofrecen, xa fixeche moito xa que é incrible a cantidade de apetecibles opcións que se presentan. Dende unha morea de tostas, revoltos, racións tradicionais, racións novas... para acabar cunha serie de carnes, peixes e platos nos que o óvo é o protagonista. Escoller é todo un reto.
Esta vez decanteime por comezar por unhas tostas de Torta do Casar con mazá e de escalibada con bacallau, ambas realmente apetitosas.
De segundo escollín un dos platos de mercado, unhas xoubas acompañadas de ensalada e un puré de patacas. Sei que me gustou pero tamén que mirei con enveza os platos dos meus acompañantes e tras probalos pensei que eles acertaran mellor nesta ocasión.
Catro persoas, cunhas tostas de primeiro, un plato para cada un (peixe/carne), dous postres, tres cafés e unha botella de Rioxa salimos a algo menos de 85 euros, un precio difícil de mellorar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario